Natural Sport e Suh Sport participarán na segunda edición do Europeo de Clubs en Turquía
Natural Sport Ribeira e Suh Sport participarán mañá e pasado no Campionato de Europa de Clubs que se celebrará en Belek (Turquía). O Natural defenderá o subcampionato acadado o pasado ano, na primeira edición desta competición. No Campionato de Europa de clubs están inscritos 184 equipos de 34 países europeos.
O Natural presentará un equipo formado por 20 deportistas das categorías cadete, júnior e absoluta, entre os que destaca Lúa Piñeiro, que acaba de acadar unha medalla de bronce no Open Internacional de París. Por categorías, o Natural competirá con: Pilar Rodríguez, Ainoa García, Abel Seoane, Adrián Pombo e Antón Romero (cadetes); Manu Parada, Adrián Jiménez, Vicente Díaz, Miguel Orro, David Ansede, Laura Dosil, Álvaro García, Alejandra Oujo e Bea Parada (júnior) e Lara Ouviña, Ainara Brión, Lúa Piñeiro, Fran Padín, José Fernández e Miguel Martínez (absolutos).
O Natural o pasado ano logrou proclamarse campión de Europa na categoría júnior feminina e subcampión na xeral. Pola súa banda, o Sun Sport viaxou a Turquía con Alma Pérez Parrado (cadete), Alba Caamaño Pérez e Iris Vidal Fungueiriño (sénior).











