Mostra sobre o Padre Sarmiento no IES Frei Martín Sarmiento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Concellaría de Normalización Lingüística segue a ofrecer de balde exposicións que teñen como fin promover a normalización da lingua galega mediante o coñecemento e a reflexión sobre distintos aspectos da nosa realidade e de persoeiros senlleiros para a historia da lingua galega.

A exposición sobre Frei Martín Sarmiento poderá visitarse no IES Frei Martín Sarmiento do 17 ao 27 de novembro. Nesta exposición realízase un percorrido pola vida e obra do autor, onde se amosa a estreita relación do padre Sarmiento coa cidade de Pontevedra. Está formada por 18 paneis de 132×95 cm, en papel semifotográfico, enmarcados en aluminio.

As exposicións da Concellaría de Normalización Lingüística, están á disposición de calquera colectivo que as solicite: centros educativos, asociacións e outras entidades interesadas na dinamización e promoción do uso do idioma galego.

17 de novembro de 2014 | 17:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.