Mostra de ‘Mobles de cartón’ na Sala de Exposicións de Verín
Desde hoxe e ata o venres, a Sala de Exposicións de Verín será testemuña da exposición ‘Mobles de Cartón’, que recolle as obras realizadas polos/as alumnos de un curso de mobiliario organizado polo Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas, coa colaboración do Concello de Verín.
Este curso de fabricación de mobles de cartón, financiado polo Servizo de Inclusión da Consellería de Traballo e Benestar Social e o Fondo Social Europeo, estivo destinado a mellorar a empregabilidade das persoas en risco ou situación de exclusión social, facilitando a súa ocupabilidade e difundindo a cultura emprendedora no medio rural.
A exposición poderá visitarse en horarios comprendidos entre as 10 e ás 14 e das 17 ás 19.30 horas.











