Mos xa conta co seu propio Club de Xadrez

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

Esta tarde celebrouse a presentación do Club Xadrez Mos no Pazo de Mos á que asistiron Pedro González Rodríguez, presidente do Club Xadrez Mos, Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Isidoro Táboas, concelleiro de Deportes mosense, Camilo Augusto, concelleiro de Saneamento e Abastecemento mosense, Kely Monzón, concelleira de Educación e Participación Cidadá mosense, Roberto Páramos Domínguez, director de Xadrez Galego, Miguel Senlle Caride, Mestre Fide (MF) de Xadrez, María Vicenta Bouzas Araújo, tesoureira do Club Xadrez Mos, César Pérez Novás, secretario do Club Xadrez Mos, Brais Otero Nogueira, vocal do Club Xadrez Mos e Juan José González Domínguez, vocal do Club Xadrez Mos.

O Club de Xadrez Mos terá como sede a mesma ubicación que a da celebración da presentación de hoxe, o Pazo dos Marqueses de Mos, e adicarase á promoción do deporte do xadrez no municipio de Mos.

A promoción e difusión do xadrez realizaráas o Club Xadrez Mos a través de programas de formación, competición e organización de eventos, sempre coa misión de achegar o xadrez aos veciños e veciñas de Mos de tódalas idades. Ademais o Club de Xadrez Mos elaborará e publicará un calendario anual co listado de tódalas actividades previstas.

Mestre Fide

Na presentación desta tarde estivo tamén presente, como xa se comentou arriba, Miguel Senlle Caride, quen participou na partida simultánea de exhibición e conta cun amplo currículo: Campión de Galicia Sub14, Sub16 e Sub18, Subcampión de España Sub-16 (2007), membro da Selección Galega Xuvenil e Absoluta en múltiples ocasións, membro da Selección Española Xuvenil para o Campionato de Europa Xuvenil Rápido de Nacións, disputado en Montenegro (2008), Campión de España Universitario por equipos (2011 e 2013), Campión da Liga Galega por Equipos (2012 e 2013), Campión de Portugal por Equipos en numerosas ocasións e modalidades, e Mestre Fide (2013).

O concelleiro de Deportes declarou ó remate do acto sentirse “satisfeito ó ver como os deportes minoritarios medran en Mos, sobre todo tratándose dunha modalidade que implica o uso da intelixencia e a estratexia como é o caso do xadrez”, dixo ó edil, quen tamén se manifestou “orgulloso de contar nesta presentación co Mestre Fide Miguel Senlle, todo un exemplo a seguir para os aficionados ó xadrez”, insistiu o edil.

A concellería de Deportes do Concello de Mos apoiará cunha subvención anual ó recén presentado Club Xadrez Mos.

21 de novembro de 2014 | 18:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.