Mon Barreiro asistirá ao Torneo Mundial de Fútsol Salga Feminino coa selección española

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O segundo do Santiago Futsal e coordinador das categorías base, Mon Barreiro, foi chamado por José Venancio, seleccionador nacional do equipo de fútbol sala feminino, para viaxar coa selección ao V Torneo Mundial de Fútbol sala Feminino que se celebrará en San José (Costa Rica) entre os días 7 e 17 de Decembro como adestrador de porteiras.

O técnico de Santiago, que xa asistiu aos partidos de preparación que a selección xogou en Hungría contra o combinado local, asistirá tamén aos adestramentos que a selección realizará antes de viaxar a San José, que comezan o vindeiro luns 24 de Novembro.

19 de novembro de 2014 | 13:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.