Mofa e Befa representarán “Shakespeare para ignorantes” na Laracha

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LarachaCalendario
A-
A+

Os Venres Teatrais da Laracha chegan á súa terceira semana coa comedia de Mofa e Befa titulada Shakespeare para ignorantes, interpretada por Víctor Mosqueira (Mareas Vivas, Un paso adelante, Casa Manola), Evaristo Calvo (Pratos Combinados, Mareas Vivas, Casa Manola) e o polifacético Quico Cadaval.

Neste espectáculo Mofa e Befa irrompen na académica conferenciado sobre o famoso autor para poñer en primeiro plano as escenas máis ignoradas, por desidia ou falta de oportunidades, polo público actual.

En Shakespeare para ignorantes utilízanse materiais procedentes das máis importantes obras do coñecido dramaturgo inglés desde a poética de Víctor Mosqueira, a pragmática de Evaristo Calvo e a épica de Quico Cadaval.

A función é recomendada para maiores de trece anos de idade. A representación será este venres na Casa da Cultura da Laracha a partir das 21:00 horas.

No programa dos Venres Teatrais estaba inicialmente previsto o espectáculo Sempre ao lonxe, tamén de Mofa e Befa. O motivo da modificación do cartel debeuse á indisposición dun dos seus actores.

19 de novembro de 2014 | 19:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.