Mellórase o firme en dúas vías de titularidade provincial no termo municipal da Laracha
O servizo de vías e obras da Deputación da Coruña vén de acometer senllas actuacións no termo municipal da Laracha dirixidas a mellorar o firme en dúas estradas de titularidade provincial.
Na parroquia de Caión estase reparando a Avenida da Laracha, que é a entrada principal ao núcleo urbano.
A outra actuación afecta ao tramo da estrada CP-0513, concretamente desde a ponte da Barreira ata o lugar de Escurido (parroquia de Torás).
As obras, que xa están finalizadas, consistiron no fresado dos puntos da rúa que presentaban un maior deterioro e a posterior reparación con aglomerado asfáltico en quente.
O Concello da Laracha agradece á Deputación Provincial da Coruña o seu compromiso co mantemento en bo estado de conservación da rede viaria municipal nestas estradas de especial relevancia no municipio, unha por tratarse do acceso a un dos tres núcleos urbanos que existen no concello e, a outra, por tratarse dunha das vías vertebradoras das comunicacións rodadas entre a zona costeira e a interior.











