Medio centenar de persoas inscríbese no curso de orientación laboral de Ponte Caldelas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

Un total de 49 persoas con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos inscribíronse para participar nunha nova edición do curso de orientación laboral que promove o Concello de Ponte Caldelas en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia.

O curso impartirase o vindeiro luns 17 de novembro de 11 a 13 horas no Salón de Actos do Centro Cultural de Ponte Caldelas e terá como obxectivo orientar ás persoas en situación de desemprego en ver como enfocar unha entrevista de traballo, cuestións importantes á hora de elaborar un curriculo, etc.

Esta iniciativa enmárcase dentro das actuacións desenvolvidas polo Concello de Ponte Caldelas para colaborar con aquelas persoas en situación de desemprego para que poidan incorporarse en mellores condicións ao mercado de traballo. Recentemente desenvolvéronse varios cursos formativos e a Axencia Local de Emprego, organismo dependente do Concello, prepara máis accións formativas que se irán desenvolvendo nos próximos meses.

11 de novembro de 2014 | 16:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.