publicidade hoxe

Medio centenar de mozos participaron no obradoiro “Aprende a falar en público” en Neda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

Medio centenar de mozos e mozas participaron o pasado xoves no IES Fernando Esquío de Neda no obradoiro “Aprende a falar en público”, promovido pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado en colaboración co Concello. Dirixido especialmente a estudantes, profesores, xornalistas, opositores, oradores eventuais e en xeral, para calquer persoa con ganas de mellorar a súa capacidade persuasiva e as súas dotes para falar en público, abordou, entre outros contidos, a preparación do discurso, a transmisión de ideas, a comunicación non verbal ou a actitude do orador.

11 de novembro de 2014 | 10:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.