Medio Ambiente reitera o seu compromiso de executar a depuradora de Poio cando se decida a súa situación
O director de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira, mantivo hoxe unha reunión co alcalde da localidade pontevedresa de Poio, Luciano Sobral, na que lle transmitiu a máxima colaboración do Goberno galego para executar a futura Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR), que tratará parte das augas residuais desta vila.
Gonzalo Mosqueira lembrou que para levar a cabo esta infraestruturas é necesario que o Concello diga ónde quere situar a depuradora, para que, posteriormente, o Executivo autonómico poida realizar esta necesaria instalación.
Mosqueira reiterou o compromiso de colaboración de Augas de Galicia para estudar calquera proposta razoable que presente o Concello e, tamén, se comprometeu a que, independente do emprazamento, o deseño da nova EDAR sexa a mellor solución posible desde o punto de vista técnico e medioambiental.
Así mesmo, o director de Augas de Galicia asegurou que se prestará especial atención á integración paisaxística da Estación Depuradora de Augas Residuais de forma que cause o menor impacto visual posible.











