publicidade hoxe

Medio Ambiente licitará o saneamento da parroquia de Santa María de Ois no primeiro trimestre de 2015

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCoirósLocal Portada
A-
A+

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Coirós, Francisco Quintela, na que que lle trasladou que Auga de Galicia licitará no primeiro trimestre de 2015 as obras de saneamento da parroquia de Santa María de Ois. O proxecto desta actuación, actualmente en supervisión técnica, prevé un investimento de 360.000 euros.

Ethel Vázquez explicoulle ao alcalde que a segunda fase do saneamento desta parroquia poderá licitarse con cargo aos orzamentos da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para o ano 2015.

As obras de saneamento na parroquia de Santa María de Ois consistirán na execución dun sistema de rede separativa de colectores de residuais, e o seu posterior tratamento dos caudais recollidos a través da depuradora da Espenuca, en Coirós.

Tal e como explicou a conselleira, esta nova actuación suporá a segunda fase da mellora do saneamento nesta zona do Concello de Coirós, xa que en 2011 se entregou á Administración local as obras da primeira fase do saneamento na parroquia de Ois, por un importe de máis dun millón de euros.

Outro do puntos abordados durante este encontro foi a situación das obras de captación e bombeo desde a estación de tratamento (Etap) ata o río Fervenzas. Ethel Vázquez informou ao alcalde que Augas de Galicia entregará estas obras ao Concello, que deberá encargarse do mantemento e conservación das instalacións, ao longo deste ano. Aclaroulle que as obras xa están rematadas, pero falta a acometida eléctrica para pode entregar esta actuación, que implicou un investimento de preto de 200.000 euros.

10 de novembro de 2014 | 17:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.