Mclan dará en Ferrol o seu primeiro concerto da xira de presentación de “Dos noches en el Prince”
MClan ofrecerá este sábado, día 15, no Auditorio de Ferrol o que será o seu primeiro concerto da nova xira da banda, e que se enmarca dentro da nova tempada do Ciclo de Grandes Concertos “Son(S) de Ferrol” programada pola Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado. A agrupación musical subirá ao escenario do auditorio municipal ás 20:30 horas para ofrecer ao público de Ferrol a posibilidade de gozar do seu último traballo discográfico: “Dos noches en el Prince”.
A demanda de entradas para o concerto inaugural da nova xira de MClan está a ser moi elevada. A día de hoxe, preto de 800 entradas xa están vendidas polo que as persoas interesadas en asistir a que será a primeira actuación de Mclan no auditorio ferrolán poden adquirir a súa entrada, a través de internet –na páxina oficial do Concello de Ferrol: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural) – ou no despacho do Teatro Jofre.
Mclan cumpriu 20 anos enriba dos escenarios e celebrouno cunha gran actuación no Teatro Price de Madrid na que interpretaron os seus grandes éxitos e gravaron un disco e DVD. Esta nova xira da banda ofrece a presentación deste traballo discográfico que recolle vellos himnos dos primeiros tempos da agrupación como “Maxi ha vuelto” ou “Perdido en la ciudad”. Unha forma máis pura, aguerrida e madura, unha musicalidade distinta e un sabor destinado pola voz de Carlos Tarque.











