publicidade hoxe

Marionetas co Colectivo 15885 en Vedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVedra
A-
A+

Este venres das 17:00 ás 19:00 horas no museo Paz Camps, Esmeralda e Elena, integrantes do Colectivo 15885, dan comezo á primeira das sesión dos obradoiros de Artes Plásticas para nen@s que van impartir nos seguintes meses no Museo Paz Camps.

Neste primeiro taller as protagonistas son as marionetas, que imos facer aproveitando materiais reciclados, teas e, como non, a imaxinación, órgano vital para potenciar a creatividade.

Así que xa sabes, se queres vir a pasar un bo rato e de paso marchar cunha marioneta feita por ti, vén connosco!

Prezo: 5 euros por nen@ (materiais incluídos)

4 de novembro de 2014 | 11:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.