Marín contabiliza 22 fontes potables e 2 non aptas para ou consumo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

Na semana do 19 ao 23 de outubro, procedeuse á recollida de mostras nas fontes públicas seleccionadas polo Concello de Marín. Dita toma de mostras foi realizada seguindo premisas de calidade e trazabilidade.

Ao mesmo tempo tomáronse fotografías das fontes, a súa contorna e as propias saídas da auga para mellor coñecemento do estado de conservación, limpeza, información, etc. na que se atopa cada unha delas, proporcionando fotografías aéreas e as coordenadas de cada fonte que poden axudar á súa fácil localización. Analizáronse 24 fontes públicas.

Buscáronse os contaminantes principais que coincidisen con outras análises anteriores realizados no Concello, co fin de obter valores comparables destes contaminantes.

Os parámetros analizados corresponden ao especificado no Real Decreto 140/2003, relativo ao control de calidade das augas de consumo humano e foron realizados por laboratorios acreditados en UNE EN ISO 17025 para esta matriz en concreto.

Os principais contaminantes analizados son Nitratos, Amonio, Turbidez, Coliformes Fecais, Enterococos intestinais, Escherichia Coli e Clostridium.

Os coliformes fecais e a E. coli proveñen de feces fecais de humanos e de animais. Os microbios que provocan enfermidades (patóxenos) e que están presentes nas feces, causan diarrea, náuseas, cefaleas ou outros síntomas. Estes patóxenos poderían representar un risco de saúde moi importante para bebés, nenos pequenos e persoas con sistemas inmunolóxicos gravemente comprometidos.

Os resultados obtidos deron como resultado 22 augas aptas para o consumo e 2 non aptas

Aínda que os resultados son bastante satisfactorios, debe terse en conta que a concentración de contaminantes nas augas fluctúa bastante dependendo de factores como a estación do ano, a pluviometría, etc. polo que estes resultados positivos poden alterarse en posteriores análises, sendo convinte manter o control.

A concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, quere facer chegar á cidadanía que se hai algunha fonte que non sexa analizada, poden solicitar a súa análise no Concello.

7 de novembro de 2014 | 19:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.