María del Carmen Pazos gaña o terceiro sorteo da Campaña Estrela 2014
Tralo sorteo efectuado este mediodía na sede social da asociación, a gañadora do terceiro vale de 300 € foi María del Carmen Pazos Santiago quen recollerá o seu premio o vindeiro luns día 1 de decembro ás 13 horas, na sede social da asociación, das mans da Presidenta do CCA Estrela de Marín Dª Isabel Torres Pazos. A gañadora disporá dun mes para canxear o vale, en calquera dos establecementos participantes.
A Campaña Estrela 2014, lévase a cabo cos obxectivos de fomentar as compras nos establecementos asociados e de premiar a fidelidade dos clientes, puxemos en marcha, dende o día 1 de setembro e ata o 30 de xuño de 2015, a VII Edición da Campaña Estrela. A dinámica da campaña é moi sinxela. Reparténse 100 tarxetas, con 3 recadros en branco por un lado e cun apartado para os datos do cliente polo outro, a cada establecemento participante.
Nestes recadros, cada establecemento sela (unha única vez en cada tarxeta) no momento de realizar a compra ou o consumo por parte do cliente. Unha vez que o cliente complete a tarxeta cos tres selos e cos seus datos persoais, debe depositala na urna sita na sede social para poder participar no sorteo. Nesta edición sortearanse 10 vales – compra por importe de 300 €, un cada mes, dende este setembro a xuño de 2015, vales que se poderán canxear en calquera dos establecementos participantes. O seguinte sorteo efectuarase o 31 de decembro.











