publicidade hoxe

Marcadores de páxinas contra a violencia de xénero en Salvaterra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

O Concello de Salvaterra, a través do seu Programa de Educación e Intervención Familiar, convoca un ano mais   un concurso de lemas ou slogans para alumnos do IES de Salvaterra,  co fin de mellorar a convivencia en sociedade transmitindo valores como a igualdade, a tolerancia, a non violencia e desmitificando estereotipos, aspectos todos eles que adoitan atoparse na base da violencia de xénero. 

O concurso de slogans busca frases que  traten de transmitir un mensaxe e un posicionamento claro de non aos malos tratos . Dentro das iniciativas desta campaña de sensibilización social, preténdese reunir material para facer posteriormente unha campaña de difusión e publicidade dalgúns dos recursos que existen para abordar este problema.

O proxecto consistirá en confeccionar uns marcadores de páxinas onde vaia o lema ou slogan gañador do concurso e algúns números de teléfono e enderezos a onde se dirixir en caso de coñecer ou ser víctima dunha situación de malos tratos.  Esta iniciativa constitúe un reforzo a esta campaña de sensibilización. Ademais de ser un soporte atractivo, informativo e moi útil ten unha utilidade porque fai perdurar non tempo a mensaxe, a través a difusión entre os máis novos.

Con esta actividade de carácter educativo e preventivo búscase erradicar a violencia de xénero promovendo un cambio de mentalidade que contribúa a desmitificar estereotipos sexistas e transmitindo outros valores.

Ademais desta iniciativa o Concello  programou para o propio 25 un obradoiro infantil dirixido a nenos e nenas entre 6 e 10 anos onde se levaran a cabo diversas iniciativas onde se concienciará aos mais cativos dende a prevención.

24 de novembro de 2014 | 11:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.