Manifesto do Concello do Carballiño no 25-N

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+
Lectura do manifesto no Carballiño

Lectura do manifesto no Carballiño

É unha cuestión de xustiza social e de dereitos humanos que require dun posicionamento firme e dunha resposta contundente por parte de todos e todas.

Neste ano morreron en España 45 mulleres 6 delas galegas,moi preto de nos a mans dá súa parella ou ex parella.

As ameazas, coaccións e os malos tratos matan, non son mera expresión de conflitos familiares, son os antecedentes do acto mais cruel e violento, que e o de quitarlle a vida a outra persoa.

Neste contexto debemos estar atentos para coñecer e detectar as novas formas de violencia de xénero que están surxindo a través do uso dás novas tecnoloxías. O ciberacoso e outras formas de invasión dá intimidade nas redes sociais son realidades que xeneran dominación e relacións desiguais.

En decembro deste ano 2014 cúmprense 10 anos da entrada en vigor no noso país da Lei de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, unha ferramenta, que aínda que foi de gran utilidade para loitar contra esta lacra e ofrecer unha resposta eficaz ás vítimas e aos seus fillos e fillas, vemos, que resulta insuficiente e que é preciso seguir mellorando.

Por todo elo o Concello de O Carballiño:

Quere mostrar o seu máis enérxico rexeitamento cara aos agresores e cara calquera conduta machista que supoña un atentado contra a dignidade, integridade física, psíquica, moral ou sexual das mulleres e as nenas.

Prestar o noso apoio incondicional ás vítimas e as súas familias comprometéndonos a articular as medidas e recursos necesarios para darlle unha resposta eficaz e integral a elas e aos seus fillos e fillas.

Propoñemos a participación na Mesa Local de Coordinación contra a Violencia de Xénero de representantes de todos os ámbitos: sanitario, xudicial, educativo, de corpos e forzas de seguridade e calquer outros que traballen na prevención, sensibilización e intervención da violencia de xénero.

Seguir desenvolvendo políticas educativas encamiñadas a favorecer a igualdade, o respecto e a educación en valores entre os mais xóvenes, como ferramenta esencial para a prevención da violencia.

Pedir á Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Igualdade, que apoie a activación e dinamización das Mesas Locais de Coordinación Contra a Violencia de Xénero a través da elaboración dun Regulamento de organización e funcionamento para acadar unha mellor coordinación interinstitucional entre as Administracións central, autonómica e local.

NESTA LOITA TODAS E TODOS SOMOS NECESARIO

Área de Igualdade do Concello de O Carballiño.

25 de novembro de 2014 | 17:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.