Máis de 700 persoas xa están anotadas na segunda carreira popular contra o cancro “Corre por Ferrol”
Máis de 700 persoas, de todas as idades, xa están anotadas para participar o vindeiro domingo, día 9, na “II Carreira Popular Contra o Cancro Corre por Ferrol”. As inscricións están abertas ata pasadomañá xoves e poden formalizarse na páxina web oficial da Federación Galega de Atletismo: www.carreirasgalegas.com ou na Asociación Española Contra o Cáncer, situada na rúa Real nº6.
Este evento está organizado pola Asociación Española Contra el Cáncer (AECC) e o Concello de Ferrol, a través da Concellería de Deportes, e conta co patrocinio de diferentes empresas privadas. A proba ten un importante carácter solidaria, xa que todos os fondos recadados serán integramente destinados á AECC. A segunda edición da Carreira Popular Contra o Cancro “Corre por Ferrol” sairá da Praza de Armas e os participantes discorrerán 5 quilómetros de zonas emblemáticas da cidade. Este percorrido será para a categoría absoluta e comezará ás 12:00 horas, mentres que as categorías menores realizarán outras distancias a partir das 11:00 horas.











