publicidade hoxe

Máis de 700 deportistas daranse cita na Copa Deputación de Taekwondo en Ponte Caldelas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaPonte CaldelasPontevedra
A-
A+
Presentación do evento deportivo

Presentación do evento deportivo

Máis de 700 deportistas daranse cita o vindeiro sábado, 22 de novembro, en Ponte Caldelas para participaren na Copa Deputación de Taekwondo, que, por primeira vez, se disputa nesta localidade pontevedresa.

A deputada Begoña Estévez presentou esta mañá o torneo nunha rolda de prensa na que tamén participaron o rexedor local Perfecto Rodríguez, o vicepresidente segundo da Federación Galega de Taekwondo, José Ángel Torres, e o monitor das escolas deportivas, José Antonio Carregal.

Estévez subliñou que a elección de Ponte Caldelas como sede desta edición da Copa Deputación obedece ó éxito que están a acadar as escolas deportivas que a Administración provincial puxo en marcha fai só un ano neste concello e en Cotobade, que superan xa os 100 nenos inscritos.

Pola súa banda, José Ángel Torres salientou o carácter “participativo” deste torneo, no que “pode participar desde o neno máis pequeno ata o máis veterano do ximnasio”, o que fará que en Ponte Caldelas se atopen desde nenos de 3 anos ata persoas de máis de 70.

A proba deportiva non ten carácter competitivo, xa que o obxectivo é promover o encontro entre os deportistas desta modalidade e permitir que os que se inician neste deporte poidan ter o seu primeiro combate con outros clubs e deportistas sen a presión da competición estrita.

As exhibicións comezarán ás 10:00 h no pavillón de Ponte Caldelas e nelas está prevista a participación de 16 clubs de toda a provincia.

18 de novembro de 2014 | 17:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.