Máis de 200 persoas asisten ás xornadas sobre cualificacións profesionais no ámbito das emerxencias na AGASP

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaLocal Portada
A-
A+
Xornadas na AGASP

Xornadas na AGASP

Máis de 200 persoas asisten hoxe na Academia Galega de Seguridade Pública ás Xornadas técnico-informativas sobre as cualificacións profesionais no ámbito das emerxencias.

O principal obxectivo das Xornadas é que os asistentes poidan adquirir información sobre as vías de obtención dunha cualificación profesional, con especial atención ás referidas ao ámbito das emerxencias, polo que o contido das Xornadas versará principalmente no Sistema nacional de cualificacións e formación profesional; no Catalogo nacional de cualificacións profesionais; na seguridade e seguridade e medio ambiente, con especial referencia á cualificación profesional de extinción de incendios e salvamento; no procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación coma o Instituto Galego das Cualificacións.

Os destinatarios das Xornadas son profesionais dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios), persoal dos grupos de emerxencias supramunicipais (GES), profesionais dos servizos municipais de protección civil e emerxencias e persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil. Esta actividade é cofinanciada nun 80 % polo Fondo Social Europeo dentro do programa operativo Fondo Social Europeo de Galicia 2007-2013.

Nesta liña, a Academia segue apostando pola profesionalización no ámbito das emerxencias, tal e como fixo ca cualificación de socorrismo acuático, que xa leva dous anos ca acreditación de competencias e acreditación profesional para estes profesionais. Así, otorga a posibilidade de obter unha cualificación concreta ás persoas que traballan día a día nas emerxencias co recoñecemento da súa traxectoria laboral.

27 de novembro de 2014 | 18:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.