Máis de 1.000 estudantes de Primaria participan no obradoiro Lingua Forza 3

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra está a realizar en distintos centros educativos de primaria, os obradoiros Lingua Forza 3. Trátase dunha xincana con probas e xogos populares en versión lingüística, deseñados especialmente para esta actividade nos tres ciclos de educación primaria.

O concelleiro de Normalización, Demetrio Gómez visita mañá ao centro Vidal Portela

Para superar as distintas probas os rapaces e rapazas terán que empregar as súas destrezas de traballo en equipo, resistencia, habilidade e velocidade física, lingüística e mental. Os monitores irán enfiando todas as probas coa posta en escena e narración dramatizadas. O formato e a presentación da actividade é común aos tres ciclos de primaria, aínda que varían as probas, a dificultade e os contidos lingüísticos que están adaptados ao ciclo.

Os contidos son os seguintes:

• Recibimento e quecemento. Contextualización dramatizada da actividade e motivación para fomentar a participación dos nenos e nenas. Explicación en círculo da sesión. Aproximación práctica ao léxico específico relacionado co currículo de educación física.

• Feirón con tres probas rotatorias:

– Proba de habilidade física, lingüística e mental: xogo e traballo co patrimonio cultural inmaterial do galego oral.

– Proba de resistencia física, lingüística e mental: xogo cooperativo no que se traballa co léxico e vocabulario específico da área de educación física.

– Proba de velocidade física, lingüística e mental: xogo cooperativo e construción de palabras escritas correctamente en galego.

• Proba definitiva. Empregando compoñentes do noso patrimonio oral un xogo reunirá as tres disciplinas: habilidade, velocidade e fortaleza física co uso da lingua como ferramenta fundamental.

Durante a pasada semana fixéronse os obradoiros no CEIP San Benito de Lérez, Parada-Campañó, Vilaverde-Mourente.

Esta semana xa se fixeron varias sesións no Vidal Portela que rematarán mañá, e continuarán:

Xoves 27:

• CEIP de Campolongo

50 (5º de primaria) de 9.50 a 11.35 h

50 (5º de primaria) de 12 a 13.40 h

Venres 28:

• CPR Salvador Moreno

56 (1º, 2ºe 3º de primaria) de 9.00 a 10.40 h

64 (4º, 5º e 6º de primaria) de 11 a 12.40 h

25 de novembro de 2014 | 18:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.