Magostos en Pontevedra
O Concello de Pontevedra albergará dous novos magostos nesta fin de semana.
Día 21 de novembro.- Praza da Verdura
Castañas, chocolate e a rosca, a partir das 18.00.
Haberá xogos populares tradicionais para nenos, tales como carreira de sacos, carreiras con ovos, ximcana, caldeiro con mazás… Tamén haberá música, con agrupacións de música galega, para facer un serán ou foliada popular, no que calquera pode unirse a tocar ou bailar.
Esta actividade é organizada por Hotel Ruas, Merchi fotografía, Pintxo Viño, Os Maristas, Calzados Isidoro, El Baúl de Elsa, A Taberna do Baúl e A Tenda da Gata
Día 22 de novembro.- Pontemuiños
Horario: De 17,00 a 23,00 horas
Foliada grupos música tradicional











