Luis Tosar apadriña unha recollida solidaria de alimentos en Pontevedra con 1.200 voluntarios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraPontevedra
A-
A+
Europa Press

Máis de 1.200 voluntarios participarán este venres e sábado na Grande Recollida Solidaria, apadrinada polo actor galego Luis Tosar, e coordinada pola Fundación do Banco de Alimentos de Pontevedra.

Esta campaña que este ano se estenderá a Vigo, Pontevedra, Valmiñor, Ponteareas, Lalín, Moaña e Cangas co propósito marcado de recadar 200.000 quilos de alimentos non perecedoiros.

Tal e como indicaron os coordinadores, o número máis importante de voluntarios na provincia rexístrase na cidade de Vigo, onde participarán 989 persoas; seguido de Pontevedra, con 223; aos que se sumarán tamén os voluntarios das demais poboacións participantes.

Este ano tamén incrementaranse o número de locais adheridos a esta iniciativa, que pasan de 96 a 107, entre os que participarán os supermercados Froiz, Gadis, Eroski, Mercadona, El Corte Inglés, Día, Alcampo, Lidl e Carrefour, que recollerán alimentos no seu horario de apertura durante os dous días de campaña.

Os responsables da recollida trasladaron que entre os alimentos máis demandados se atopan o leite, o aceite, conservas de todo tipo, cacao, e alimentos e produtos infantís -como cueiros-.

O actor galego Luis Tosar é o embaixador da Grande Recollida deste ano en Galicia, que recibiu o lema ‘Non quedes indiferente ante a pobreza máis próxima’ coa intención de “facer un chamamento á cooperación e involucrar os cidadáns ante este preocupante problema social”, segundo o presidente do Banco de Alimentos de Vigo, Pedro Pereira.

O voceiro incidiu en que a recollida de alimentos “non remata o sábado pola noite”, posto que a semana seguinte empezarán a fase de loxística, para trasladar os produto aos almacéns, organizalos e repartilos entre as familias. Ademais, despois darán comezo as coñecidas como ‘Operación Kilo’.

27 de novembro de 2014 | 20:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.