publicidade hoxe

Luis Guillén: “PSOE e BNG critican que se mellore o campo de fútbol da Veiga pero aplauden e invisten na mesma obra en Monterroso”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervo
A-
A+

O edil de Deportes, Luis Guillén confesou que está “asombrado” pola “dobre cara” dos grupos da oposición. “A Deputación, onde dous veciños de Cervo teñen cargos de responsabilidade, anunciou a mellora do campo de fútbol de Monterroso con céspede artificial, mentres eses mesmos veciños criticaron ao Concello por facer unha obra igual no campo da Veiga”.

O edil asegura que esta situación pon en evidencia “o pouco que se preocupan os líderes da oposición polos seus veciños”. “En Cervo un campo de herba artificial critícase, mentres en Monterroso apláudese e invístese nel”, lamenta Guillén. Polo tanto, “para Méndez e Estúa mellorar o campo de fútbol no concello de Cervo está mal, pero facelo a 150 quilómetros de distancia está ben”.  

Por ese motivo, Guillén pídelles aos grupos da oposición que se aclaren e dean explicacións: “Apoian a mellora das instalacións deportivas ou non?”, ou quizais “parécelles ben que se fagan campos de herba artificial en todos os concellos menos en Cervo?”.

O edil lembra que en varios plenos da corporación ambos grupos dixeron claramente non estar de acordo con que Cervo teña un campo de herba artificial, o que permitirá que esta instalación estea sempre dispoñible e en bo estado, e sexa máis eficiente. “Pero cando os portavoces de PSOE e BNG en Cervo cambian de asento, ven con moi bos ollos esa mesma obra, iso si, noutro concello máis afastado”, lamenta.

11 de novembro de 2014 | 16:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.