Lúa Piñeiro participará no Open de Croacia esta fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+
Lúa Piñeiro nos adestramentos

Lúa Piñeiro nos adestramentos

A galega Lúa Piñeiro (-67 quilogramos) disputará o Open de Croacia (clase G1), que se celebrará os días 15 e 16 de novembro. É unha competición importante xa que en xogo están dez puntos para o ránking mundial e o obxectivo de Lúa e sumar puntos na dura carreira cara aos Xogos Olímpicos de Río 2016. A nosa deportista, que competirá o sábado, viaxa hoxe en dirección a Madrid e posteriormente a Zagreb xunto a Elaia Torrontegui.

Lúa ten por diante un mes de moitas e importantes citas. A primeira será esta fin de semana en Zagreb, e a partir de aquí París e Turquía. Neste país estará unha semana competindo xa que enlazará o Campionato de Europa de Clubs co Open de Turquía. Para enfrontar estos torneos, a taekwondista galega estivo traballando moito e moi duro na súa preparación, sempre pensando en seguir medrando e subindo postos no ránking mundial.

13 de novembro de 2014 | 18:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.