Lúa Piñeiro logra a medalla de bronce no Open de Turquía
Boa actuación das nosas representantes, Lúa Piñeiro e Sara García, no Open de Turquía, que se celebrou esta fin de semana en Antalaya. Lúa Piñeiro logrou a medalla de bronce (terceira que acada esta semana), mentres que Sara caeu nos cuartos de final.
Lúa Piñeiro (-67 quilogramos, Natural Sport Riveira) comezou a competición nos dezaseisavos de final contra a turca Guldane Beyza Erel, á que superou sen excesivos problemas (3-0). Nos cuartos veuse cara a cara fronte a outra turca, Kübra Kiyi e volveu a gañar (1-0). Así garantía unha medalla e nas semifinais tocoulle unha durísima rival: A crota Anic Franka, que foi terceira no último campionato do mundo. Lúa fixo un grandísimo traballo e deu a cara ata o último segundo, no que Franka logrou conectar un golpe que lle deu a vitoria (1-0) e o pase a final. Así, bronce para Piñeiro, que en oito días logrou tres bronces (París, Campionato de Europa de Clubs e Open Turquía).
Pola súa banda, Sara García (-59,Dobok) fixo un gran traballo no seu debú internacional. Gañou nos dezaseisavos á turca Yagmur Banda por 9-3 e caeu nos cuartos fronte a deportista de Azarbaián Gulsum Gultekin por 3-2, a só un pasiño das medallas.
Gran traballo das nosas deportistas e noraboa para ambas!
Boa actuación das nosas representantes, Lúa Piñeiro e Sara García, no Open de Turquía, que se celebrou esta fin de semana en Antalaya. Lúa Piñeiro logrou a medalla de bronce (terceira que acada esta semana), mentres que Sara caeu nos cuartos de final.
Lúa Piñeiro (-67 quilogramos, Natural Sport Riveira) comezou a competición nos dezaseisavos de final contra a turca Guldane Beyza Erel, á que superou sen excesivos problemas (3-0). Nos cuartos veuse cara a cara fronte a outra turca, Kübra Kiyi e volveu a gañar (1-0). Así garantía unha medalla e nas semifinais tocoulle unha durísima rival: A crota Anic Franka, que foi terceira no último campionato do mundo. Lúa fixo un grandísimo traballo e deu a cara ata o último segundo, no que Franka logrou conectar un golpe que lle deu a vitoria (1-0) e o pase a final. Así, bronce para Piñeiro, que en oito días logrou tres bronces (París, Campionato de Europa de Clubs e Open Turquía). Máis puntos para o ránking mundial xa que é un torneo do grupo 1 e por tanto puntuable para o ránking.