Lúa Piñeiro cae nos cuartos de final do Open de Croacia
Lúa Piñeiro (-67, Natural Sport Ribeira) estivo moi preto das medallas no Open de Croacia. Só faltaban 19 segundos para o remate do combate que daba acceso as semifinais e ía por diante no marcador, pero un bo golpeo con xiro da súa rival acabou coas súas opcións sen tempo xa para remontar. Así quedou á beira das medallas, aínda que as sensacións foron moi boas.
No Open de Croacia Lúa quedou exenta do primeiro combate e no segundo enfrontouse a unha deportista local (Croacia) logrando o triunfo. Nos cuartos de final enfrontouse a alemá Rabia Gulec, unha gran competidora, que está entre as mellores do ranking mundial (coma Lúa). A galega foi por diante durante todo o combate (2-1), pero a falta de 19 segundos Gulec fixo unha “entrada tuit” e logrou poñerse por diante para gañar (3-2) e garantir o seu pase.
Lúa, que saiu satisfeita das súas sensacións na competición, xa pensa no torneo de París, a próxima semana.











