Louzán visitará o campo de Cerponzóns para valorar as posibilidade de dotalo de céspede artificial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, visitará mañá o campo de fútbol de Cerponzóns para valorar as posibilidades de dotalo de herba sintética, en resposta ás demandas realizadas polos clubs da cidade na xuntanza celebrada o pasado 13 de outubro e tamén a petición dos veciños e veciñas desta parroquia, do Cerponzóns C.F. e da Asociación de Futbolistas Veteranos de Pontevedra.

O obxecto da visita é comprobar a viabilidade de incorporar este campo ao programa de mellora de instalacións deportivas, avanzando así nos investimentos que a Administración provincial está a facer para suplir as carencias que nesta materia existen na cidade.

Neste sentido, nunha misiva remitida ó presidente da Deputación pola Asociación de Futbolistas Veteranos (que integra a 125 equipos) destácase que o campo Chan do Monte é o mellor da zona norte da cidade. “Está moi ben situado, a escasos minutos de Pontevedra centro e dotadas da grada, amplo terreo de xogo de terra con medidas regulamentarias e bos vestiarios totalmente acondicionados”, lembran.

Por iso, consideran que a súa conversión en campo de herba sintética beneficiaría á propia asociación, “que podería albergar partidos do campionato de veteranos” e a “moitos equipos da cidade que non dispoñen de terreo de xogo propio, tendo que xogar noutros concellos ou en campos non acondicionados”.

28 de novembro de 2014 | 18:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.