publicidade hoxe

Lousame organiza a XI Mostra de Teatro Afeccionado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousame
A-
A+

A Concellería de Cultura do Concello de Lousame, en colaboración coa asociación cultural Xuventude de Cruído e coa asociación cultural Toxos e Carrouchas, organizan a XI Mostra de Teatro Afeccionado Concello de Lousame, que este ano reunirá a cinco compañías: Tastarabás, Teatro da Falúa, Teatro do Improvisto, Brandomin Teatro e Teatro Mutis.

As actuacións terán lugar durante os próximos 5 domingos, coa excepción da segunda actuación, que está programada para o sábado 15 de novembro. Nos cinco casos, as representacións terán lugar na Casa da Cultura “Santeiros de Chave” de Lousame, ás 19:00 horas. En todos os casos, a entrada é libre e de balde.

Grupos e obras

A compañía de teatro afeccionado de Lousame, Tastarabás, será a encargada de inaugurar a Mostra este domingo 9 de novembro. Representarán a súa obra “Sopa de Radio”, que veñen de presentar en Santiago de Compostela e que xa representaron este ano en Lousame. A semana seguinte, Teatro da Falúa protagonizará a única actuación en sábado: o 15 de novembro con “A Princesa prometida”.

Os seguintes tres domingos contarán coas representacións de: Teatro do Improvisto (“A incerta Viaxe dos señores Nuwinxki”. 16 de novembro); Bradomin Teatro (“Nichos”, 23 de novembro); e Teatro Mutis (“El chalet de madame Renard”, 7 de decembro).

4 de novembro de 2014 | 20:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.