publicidade hoxe

Lousame abre o prazo de inscrición na Liga Sénior de Fútbol Sala 2014-2015

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousame
A-
A+

O Concello de Lousame abre as inscricións na Liga Sénior de Fútbol Sala tempada 2014-2015. O único requisito é que os xogadores teñan máis de 18 anos e que os equipos se anoten na Oficina de Deportes do Concello de Lousame, ou chamando ao 981 82 04 94, antes do 26 de novembro.

Os conxuntos que se anoten disputarán unha liguiña durante os próximos meses e os catro mellores se clasificarán para a fase final. O campión actual é o equipo do Casfer Cerramentos, que venceu na gran final ao Fruíme FS por 0-2, despois dun disputado e igualado encontro entre os dous mellores conxuntos da Liga regular.

Zumba

Por outra banda, o Concello de Lousame informa de que aínda quedan prazas libres para as clases de zumba, que teñen lugar todos os luns no polideportivo municipal “Pilar Barreiro Senra” en horario de 20:00 a 21:00 horas. Máis información e anotacións na Oficina de Deportes do Concello de Lousame ou chamando ao 981 82 04 94.

14 de novembro de 2014 | 11:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.