Localizan nunha praia de Vigo a un golfiño morto

Golfiño achado morto nunha praia de Vigo
Axentes da Policía Local de Vigo localizaron varado nunha praia da cidade olívica un golfiño adulto morto que presentaba lesións de importancia.
Tal e como trasladou a Policía Local, os feitos aconteceron sobre as 12,10 horas deste mércores, cando recibiron un aviso para que se desprazasen ata a praia este de Toralla, onde atoparan un animal morto.
Unha patrulla trasladouse ata o lugar, onde localizaron ao exemplar adulto de golfiño, que medía menos de tres metros de longo e presentaba lesións de importancia. Os axentes realizaron as xestións pertinentes e o animal foi retirado da praia.
Por outro lado, a Policía Local tamén acudiu este mércores á avenida de Ricardo Mella, onde supostamente foran vistos dous cabalos soltos pola estrada.
Ambos os dous animais tiñan microchip, polo que os efectivos policiais puideron localizar ao propietario dos cabalos, que manifestou que os deixara nun terreo pechado e, presumiblemente, alguén abriu a cancela facilitándolles a saída ao exterior.











