Lete Lasa defende na Coruña o papel do deporte e da actividade física na educación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportes
A-
A+
Lete Lasa no Congreso mundial de Deporte en Idade Escolar

Lete Lasa no Congreso mundial de Deporte en Idade Escolar

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, impartiu esta mañá a conferencia inaugural do IV Congreso Mundial do Deporte en Idade Escolar, baixo a rúbrica A promoción da actividade física e deportiva entre os escolares galegos, o Plan Galicia Saudable, que se está a celebrar na cidade da Coruña.

No curso do relatorio, José Ramón Lete defendeu a función pública no fomento da práctica de actividade física e deportiva, “firmemente asentada –asegurou- nas funcionalidades do feito deportivo: o deporte é ferramenta de sociabilización do individuo, un factor de equilibrio persoal posto ao servizo do propio desenvolvemento, da satisfacción e da mellora persoal, da educación en valores e da prevención de riscos para a saúde. Todo iso, sen esquecer, a súa achega definitiva á riqueza dos pobos”.

Pola súa parte, e xa no concreto ámbito da educación e do deporte, o secretario xeral para o Deporte repasou as actuacións do Goberno galego na promoción da actividade física e deportiva entre os escolares galegos, principalmente ligadas ao Plan Galego para o Fomento da Actividade Física, Galicia Saudable, que ten por obxectivo fomentar práctica da actividade física saudable en igualdade de oportunidades para toda a poboación, contribuíndo así a conservar a saúde e a autonomía persoal, gozar de maior benestar e calidade de vida, e previr e reducir a presenza de enfermidades crónicas non transmisibles relacionadas coa inactividade física.

Como se apuntou no curso da conferencia, o Plan contempla 21 medidas, das que 14 van directamente referenciadas ao ámbito escolar. Entre outros puntos, o secretario xeral, expuxo os programas concretos de actuación (o Proxecto Deportivo de Centro, Máis e Mellor Actividade Física e o programa Xogade), así como a plataforma DAFIS, ferramenta de valoración da condición física dos escolares en parámetros de saúde.

Lete Lasa rematou recordado os datos relevados pola enquisa elaborada pola Universidade de Compostela –Hábitos de actividade física e deportiva da poboación galega. Estudo de Poboación Galega 2013- recentemente presentada, eque revela que 7 de cada 10 dos galegos maiores de 18 anos practica exercicio habitualmente, nunha porcentaxe case 16 puntos superior á do 2007, ano no que se fixera un estudo de equivalentes características. “É evidente que,estes resultados, seben positivos e esperanzadores,non supoñen un punto final aos xenéricos obxectivos de Galicia Saudable,pero si marcan unha senda para continuar nanosa política de xeneralización de actividade física e deporte, con especial referencia á idade escolar”, remarcou o secretario xeral.

IV Congreso Mundial do Deporte en Idade Escolar

O IV Congreso Mundial do Deporte en Idade Escolar inaugurouse hoxe na cidade da Coruña, e celebrará as súas xornadas ata o vindeiro venres 7.

Organizado polo Departamento de Didácticas Específicas da Universidade da Coruña e Sportis Formación Deportiva, en colaboración coa Facultade de Ciencias da Educación, congregará máis de 400 profesionais das Ciencias do Deporte, e ten por obxectivoproducir avances na investigación do deporte escolar, a EducaciónFísica ea psicomotricidade, promover o intercambio de coñecemento entre profesionais de distintasáreas e diferentes universidades do mundo, e dar a coñecer os últimos traballos de investigación e experienciasdidácticas daárea do deporte escolar.

5 de novembro de 2014 | 11:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.