José Ramón Ónega e Gabriel Tirapu dan a benvida aos hostaleiros interesados polos produtos “Sondaquí”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exterior
A-
A+
O delegado da Xunta de Galicia en Madrid cos profesionais da hostalería

O delegado da Xunta de Galicia en Madrid cos profesionais da hostalería

O delegado da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia, José Ramón Ónega, e o presidente da Federación de Escolas Familiares Agrarias (EFA) de Galicia, Gabriel Tirapu, deron a benvida esta tarde aos profesionais da hostalaría e alimentación que participaron na segunda parte da xornada empresarial de promoción dos produtos da rede “SonDaquí”, que se celebrou hoxe na Casa.

Pola mañá, os promotores da iniciativa deron a coñecer os seus produtos aos medios de comunicación especializados no sector e pola tarde dirixíronse a profesionais da hostalaría e a alimentación.

20 de novembro de 2014 | 22:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.