IV Trofeo Concello de Marín de Baile Deportivo
Cunha participación de 120 parellas, celebrarase este domingo 30 de novembro no Pavillón Deportivo Municipal A Raña de Marín o IV Trofeo Concello de Marín de Baile Deportivo e o Open Internacional ArtDance de Bailes Latinos.
Este evento está organizado polo Club de Baile Pasos-Bailegalicia coa colaboración do Concello de Marín e a entrada custa 6 € (4 € maiores de 65 anos, nenos gratis).
O IVTrofeo Concello de Marín é unha Competición puntuable para o Ranking Nacional da FEBD (Federación Española de Baile Deportivo) nas modalidades de Standard (Vals Inglés, Tango, Vals Vienés, Slow Fox e Quickstep) e Latinos (Samba, Cha-cha, Rumba, Pasodobre e Jive).
A Competición iniciarase ás 12:00 da mañá coas categorías de menos nivel. A parte máis importante coas Finais das categorías altas será entre as 16:30 e as 20 h.
En canto a participación podemos destacar aos actuais Campións Absolutos de España Standard e 10 Bailes (Adrián Esperón e Patricia Martínez do Club Pasos-Bailegalicia, oito veces Campións de España entre as modalidades Standard e 10 bailes).
A Competición dividirase nos seguintes grupos de idade: Xuvenil (menos de 12 anos), Junior (12 a 15 anos), Youth (16 a 18 anos), Adulto (máis de 18), Senior (máis de 35 anos).
O Trofeo Concello de Marín ademais dividirase por categorías de nivel que van desde a H, G e F (categorías de iniciación), pasando logo a 1ª e 2ª Territorial, C, B, A Nacional e A Internacional (van puntuando polos resultados obtidos e subindo de categoría)
O Baile Deportivo está regulado en España pola FEBD (Federación Española de Baile Deportivo) e está recoñecido como modalidade deportiva polo CSD e en Galicia pola Xunta (Secretaría Xeral do Deporte).











