Invitacións para o partido do Obradoiro como agasallo para menores de catorce anos con motivo do recente Día Universal do Neno

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O Rio Natura Monbus Obradoiro prepárase xa para a o seu seguinte partido no Fontes do Sar (sábado 29, 20:00 horas – non televisado), no que buscará a calor do seu público para medirse a un Baloncesto Sevilla que se mostra en liña ascendente xornada tras xornada da liga Endesa.

O club quere que no primeiro encontro a celebrarse tras o Día Universal do Neno o pasado 20 de novembro todos os pequenos poidan gozar xunto ao equipo compostelán, e lanza unha promoción exclusiva para eles. Por este motivo, obsequiarase cunha invitación aos nenos menores de 14 anos que veñan acompañados dun adulto que adquira a súa entrada, cun máximo de dous nenos por adulto. A venda destas entradas e recollida das súas correspondentes invitacións efectuarase nas oficinas do club.

Doutro xeito, o prezo xeral das entradas para a ocasión é de 29 euros en Tribunas Retráctiles, 24 euros en Tribunas 1 e 19 euros en Tribunas 2 e Fondos. Os Prezos Reducidos para menores de 18, estudantes menores de 25, maiores de 65 ou desempregados e federados do ámbito do baloncesto, serán de 19 euros en Tribunas 1 e 15 euros en Tribunas 2 e Fondos.

As entradas poden adquirirse a través da páxina web do club (www.obradoirocab.com) ou nas oficinas, situadas no propio Multiusos e con horario de luns a venres, de 10.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas.

24 de novembro de 2014 | 18:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.