Intensa actividade cultural con actuacións musicais, teatrais e conferencias no Museo de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O domingo 16, dentro do  ciclo Domingos Musicais no Sexto actuará Julio Fowler, un representante da nova onda de cantautores cubanos que mistura raigames cubanas con elementos de vangarda e compatibiliza diferentes estilos musicais, ritmos e sons da illa.

Natural de Santa Clara, estudiou no Instituto Superior de Arte da Habana e actuou en diversos lugares do mundo sendo un dos representantes do movemento “Cuban Worl Music”.

Julio Fowler foi premio Cubadisco no ano 2011, na categoría de Troba Fusión, polo seu traballo Utopías. O seu último CD, Ligeros de Equipaje, foi considerado como un dos dez mellores discos con participación mundial de músicos cubanos no ano 2012. O músico cubano compuxo ou coescribeu cancións para diversos cantantes como Jack Tempchin, Claudia Brant, Luis Enrique ou Marta Sánchez. Editou catro álbums: Dale Mambo (Urban Color, 2003), Buscando mi lugar (Factoría Autor, 2006), Utopías (Factoría Autor, 2009) e Ligeros de Equipaje (Cezanne Productions, 2012).

O venres, dia 14, ás 20 horas, o Museo de Pontevedra acollerá o último concerto do ano do ciclo Do Audible 2014.
Contará coa participación do profesor e ensaísta Enrique Gavilán, especialista en Wagner e autor do libro Otra historia del tiempo, e a participación do Distracfold Ensemble, de Manchester, como agrupación convidada.

Do Audible é un ciclo promovido pola Secretaría Xeral de Cultura coa colaboración de Vertixe Sonora, que procura puntos de encontro entre a música, a ciencia, a arte e o pensamento, e que quere contribuír a normalizar a escoita de música contemporánea en Galicia.

O programa do concerto incluirá pezas de Salvatore Sciarrino, Mauricio Pauly e Pierluigi Billone.

Ó longo dos tempos, moitas culturas recoñeceron na música un poder excepcional, á vez temible e admirable. Nuns casos, as relixións trataron de aproveitar o seu poder; noutros, recoñecérona como unha competidora, o que levou a percibir nela a pegada diabólica. Esta manifestaríase na súa beleza demoníaca, na súa capacidade para o engado e a posesión, na súa ambigüidade insoluble, e a súa manifestación máis sinalada sería o intervalo de cuarta aumentada, o “diabolus in musica”.

O sábado 15, ás 20 horas,o grupo Armadiña Teatro, de Combarro, pecha o ciclo Teatro no Museo coa representación de Saúde Private Hospital. Terá lugar o sábado 15 no Sexto Edificio ás 20 h.

Este grupo de teatro aficionado naceu no mes de maio de 2013 no seo da Asociación Cultural, Deportiva e Medioambiental (ACDeM) Armadiña de Combarro. Está formado por unha variedade de persoas do concello de Poio e a súa contorna, todos eles con diferentes idades, opinións e inquietudes; pero cun mesmo soño “formar parte do mundo teatral”, e dende entón comparten aprendizaxe, vivencias, representacións, nervios e alegrías.

Saúde Private Hospital, con guión e dirección a cargo de Miquel Condal, actor de Pinga Teatro, foi estreada no pasado mes de maio na Comunidade de Montes de Combarro, cun cheo absoluto. Os espectadores que aistiron a representación puideron gozar dunha obra que pretende, de forma cómica, simular vivencias e problemas actuais. A modo de farsa ridiculiza e esaxera accións sufridas por todos na sanidade e na vida en xeral.

Manuel Cao , Ramón García, Alberto Fernández, Sergio Pérez, Mercedes Regueira, Ángeles Torres, Silvia Ramírez, Andrea García, Carolina Muñíz, Tamara Andrés e Carmen Piñón, actúan nesta representación que contou coa colaboración especial de María Carrera.

Como final do Memorial Filgueira Valverde, o director do Museo de  Pontevedra, Carlos Valle, impartirá hoxe, mércores, día 12, ás 20 horas, unha conferencia sobre “Filgueira Valverde e Pontevedra. Datos e conxecturas” e mañá, xoves día 13, o catedrático Xosé Ramón Barreiro Fernández disertará sobre “Filgueira Valverde, historiador”.

12 de novembro de 2014 | 18:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.