Instructores do Servizo nacional de Aprendizaxe de Colombia visitan Ourense para formarse en turismo de benestar e termalismo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O Concello de Ourense e o campus de Ourense da Universidade de Vigo organizan, dende mañá, luns día 1 de decembro, e ata o venres 5 de decembro, unhas xornadas sobre capacitación profesional.

Unha delegación de formadores do Servizo Nacional de Aprendizaxe (SENA) de Colombia visitará Ourense para participar nas xornadas formativas en termalismo que organiza o Concello e a Universidade de Vigo do 1 ao 5 de dicembro. A iniciativa xorde a raíz do Memorando de Entendemento suscrito o pasado mes de maio polo Concello e o Ministerio de Comercio, Turismo e Industria de Colombia para a cooperación en materia de turismo temal. O acordo, que fai especial ficapé no intercambio e transferencia do coñecemento, posibilitou a posta en march desta primeira pasantía internacional que desfrutarán 9 instructores do SENA contribuíndo á “estandarización e desenvolvemento do currículo de capacitación” dos profesionais do sector termal e de wellness.

A proposta académica coordinada dende o Concello en colaboración coa Universidade de Vigo- Campus da Auga aborda o campo do termalismo dende unha perspectiva multidisciplinar e profesionalizada, deténdose en aspectos como a xestión da auga, as súas aplicacións, valor cultural e de producto turístico, etc. En total, serán 40 horas de formación teórico práctica que inclúen visitas guiadas a balnearios, estacións termais e espazos divulgativos como o Centro de Interpretación das Burgas. A formación será convalidable por un crédito de libre elección para os alumnos e alumnas da Universidade que asistan ao simposio.

As xornadas comezarán mañá, luns 1 de decembro, ás 9.00h, no Salón de grados do edificio facultades do campus, cunha conferencia do concelleiro de Termalismo, José Ángel Vázquez Barquero, para logo dar paso ao primeiro dos módulos; “Caracterización e aproveitamento das augas mineromedicinais termais”. Ao longo dos 5 días de xornadas participarán como ponentes representantes municipais, profesionais do sector e profesores da Universidade.

Alianza estratéxica

Estas xornadas marcan o inicio da alianza estratéxica establecida co goberno de Colombia: un vencello que se selaba o pasado mes de maio no I Simposio Internacional de Temalismo celebrado en Bogotá, e donde España figuraba como país invitado.

O memorando suscrito, ademáis de accións formativas , outras propostas como a movilización e intercambio de profesionais ou misións comerciais e empresariais.

30 de novembro de 2014 | 16:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.