Imputan ao propietario dun bar de Baiona por venda de estupefacientes no mesmo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaionaSucesos
A-
A+

A Garda Civil imputou a D.A.T., de 40 anos de idade e veciño de Vigo, como suposto autor dun delito contra a saúde pública pola venda de estupefacientes nun local de lecer de Baiona do que é propietario.

No marco das actuacións que a Garda Civil vén realizando para a erradicación do tráfico de estupefacientes a pequena escala nos lugares de lecer, este pasado fin de semana, compoñentes do Posto Principal da Garda Civil de Baiona-Nigran e do Gondomar, realizaron inspeccións en distintos locais destas localidades que se saldaron con varias denuncias administrativas

Nunha destas inspeccións nun local do casco antigo de Baiona, incautóuselle, nun peto do propietario, un anaco de haxix, na caixa rexistradora e debaixo da mesma unha papelina de cocaína e máis haxix así como un caderno con anotacións de supostas débedas e compra de sustancias estupefacientes e 3.000 euros en billetes fraccionados.

Continuando co rexistro, e xa na cociña do local, localizouse unha báscula de precisión, dúas papelinas máis de cocaína e varias landras de haxix, así como pastillas e numerosos recortes de bolsas de plástico, supostamente, para a venda da droga.

Por todo iso procedeuse á incautación da droga e utensilios e á súa imputación.

As dilixencias instruídas foron entregadas no Xulgado de Instrución número SETE de Vigo, onde terá que presentarse o imputado cando para iso sexa requirido.

11 de novembro de 2014 | 13:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.