publicidade hoxe

III Ruta das Tapas de Boqueixón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoqueixón
A-
A+

Esta III Ruta de Tapas de Boqueixón supón unha acción de promoción económica, de desenvolvemento local, trátase de dar a coñecer e potenciar os establecementos hosteleiros e a gastronomía da zona.

Participan 13 locais de Boqueixón no proxecto: Café- Bar O Rincón de Tania, Café Bar O Nervioso, Restaurante O Balado, Taberna O´Cruceiro, Café Bar Latino, Café Bar A Barreira, Taberna Záramo, Casa de Xantar Casa Castro, Café Bar A Casa d´Lenin, Restaurante Vente Vindo, Café Bar O Rincón de Pepe, Parrillada Os Rufos e Cervexería O Vikingo.

Esta ruta de exaltación da gastronomía celebrarase durante os días: 4, 5, 6, 7 e 8 de decembro e en horario de mañán e tarde: das 12:00h- 15:00h. e das 20:00h. ás 22:30h.

Os locais elaborarán tapas exquisitas e moi variadas sempre con produtos da terra, a un prezo de 1,5 euros. Nesta edición, os establecementos participantes queren solidarizarse cos que nestes momentos de crise tan duros están sufrindo e doarán 0,10 cént. Á Cociña Económica por cada tapa do concurso vendida.

Celebrarase tamén un Concurso á mellor tapa de Boqueixón 2014, coa finalidade de que o concurso e o proceso sexa o máis obxectivo posible, o xurado será popular, deste xeito, cando un participante deguste todas as tapas cubrindo a súa tarxeta con todos os selos dos establecementos, debe indicar na mesma tarxeta cal considera que é a mellor tapa da ruta. A Continuación, cos datos persoais cubertos introdúcese nas urnas dispostas nos establecementos hosteleiros. Ó remate das 5 xornadas gastronómicas, o establecemento gañador obterá o recoñecemento á “Mellor Tapa de Boqueixón 2014”, contemplándose tamén o segundo e terceiro máis votado como 2º e 3º clasificado.

De entre todas as tarxetas dos participantes recollidas das urnas, sortearase unha estanza con cea para dúas persoas nunha casa rural, e os establecementos participantes tamén queren agasallar ós clientes sorteando: un lote de produtos típicos de Nadal, unha tablet, un televisor e unha visita a unha bodega de viño.

26 de novembro de 2014 | 12:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.