Goza do partido patrocinado por Multiusos Fontes do Sar – Complexo Deportivo Santa Isabel por só 9 euros
O baloncesto de elite volve este fin de semana ao Fontes do Sar da man do Rio Natura Monbus Obradoiro, que terá en fronte ao Montakit Fuenlabrada (sábado 15, 20:00 horas) para buscar a cuarta vitoria desta tempada ante a súa afección.
Este encontro estará patrocinado polo Multiusos Fontes do Sar – Complexo Deportivo Santa Isabel, xestor do recinto onde se atopa o pavillón e membro do Club Empresas Obradoiro. É por iso que todos os seus abonados poderán gozar dunha promoción especial: ata dúas entradas a 9 euros cada unha (Tribuna 2) mostrando o seu carné nas oficinas do club.
O Multiusos Fontes do Sar – Complexo Deportivo Santa Isabel tamén obsequiarán, con motivo do patrocinio, con invitacións dobres ás 50 primeiras persoas que se dean de alta este mes nas súas instalacións deportivas.
Os prezos xerais para este mesmo encontro son de 29 euros en Tribunas Retráctiles, 24 euros en Tribunas 1 e 19 euros en Tribunas 2 e Fondos. Os grupos de menores de 18, estudantes menores de 25, maiores de 65 ou desempregados e federados do ámbito do baloncesto terán Prezos Reducidos, polo que nestes casos os prezos a pagar serán de 19 euros en Tribunas 1 e 15 euros en Tribunas 2 e Fondos. Será necesario para iso achegar a documentación acreditativa.
As entradas con promocións poderanse comprar nas propias oficinas, con horario laborable de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas. No caso de entradas xerais, a xestión tamén se poderá realizar mediante a páxina web do club (www.obradoirocab.com) ou en despacho de billetes o propio día do partido.











