Ghazafelhos presenta “…3,2,1…” no Teatro Municipal de Tui

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioTui
A-
A+

O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, 7 de novembro, ás 20h a representación da obra de teatro xestual “…3,2,1…” da man da compañía Ghazafelhos do Ferrol.

Pepablo Patiño é o autor e director da obra, e está tamén en escena xunto aos actores Montse Piñon e Jorge Casas. “…3,2,1…” é unha obra chea de tenrura e humor que conta o encontro entre un astronauta e unha extraterrestre nun planeta descoñecido. A convivencia lévaos a descubrir sentimentos que non sospeitaban ter.

As entradas para este espectáculo están á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 13h, ou poderanse mercar o venres dende ás 18.30h no despacho de billetes da Área Panorámica ao prezo de 3,5€ e 2,5€.

6 de novembro de 2014 | 11:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.