García Baquero saca en Palas de Rei a primeira producción de queixo Arzúa-Ulloa

Primeiros queixos Arzúa-Ulloa de García Baquero
García Baquero saca, en Palas de Rei, a súa primeira producción de queixo Arzúa-Ulloa. Foi o pasado 12 de novembro, cando a compañía machega, lácteas García Baquero, especializada na elaboración do queixo tradicional, sacou a súa primeira liña de producción centrada no queixo da D.O. Arzúa-Ulloa na súa planta, de recente adquisición, asentada no Polígono Empresarial de Palas de Rei. Tal e como detallaba o seu xerente, Andrés Liz, empézase cunha pequeña producción para ir aumentando a capacidade da propia Planta de Palas de Rei que estará adicada prácticamente na súa totalidade a producción de Queixo Arzúa-Ulloa e Tetilla. Sinala, ademaís, que a idea de García Baquero e ter a factoría palense en plena producción a mediados do 2015. Segundo o seu Xerente de García Baquero, Andrés Liz, os principais obxectivos da compañía son os de posicionarse no mercado internacional e sobretodo no iberoamericano polo gran potencial do Queixo Arzúa-Ulloa e Tetilla que ten neste sector.
A marca García Baquero comercializa un gran surtido de productos dende o queixo pasta prensada ao queixo fresco en diferentes formatos para cubrir todas as necesidades dos seus consumidores, ampliando un gran abano de novas formas e usos de consumo do queixo tradicional español(lonchas, medias pezas, cuñas xa cortadas, etc.). A súa alta calidade e multiples premios permiten aos queixos García Baquero competir coas máis afamadas marcas no extranxeiro e experimentar unha forte expansión a nivel multinacional. Actualmente distribue os seus productos en países como: USA, Alemania, Reino Unido, Islandia, Francia, Bélgica, Holanda, Rusia, Polonia, Austria, Dinamarca, Suiza, Suecia, Venezuela, Guatemala, Puerto Rico, República Dominicana, Panamá, Ecuador, Brasil, Chile, Argentina, Costa Rica, Filipinas, Tailandia, Turquía e Mexico
O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, amosábase exultante e satisfeito polo inicio da producción de García Baquero en Palas de Rei, recalcaba que é un feito histórico na economía da zona. Pablo Taboada, tamén recordou, que tras un difícil recorrido non exento de dificultades, de diversa índole, ao final conseguiuse que García Baquero se quedará finalmente en Palas de Rei poñendo en marcha a súa primeira factoría en Galicia. A súa vez, o alcalde Palense deséxalles a maior sorte do mundo a familia García Baquero nesta nova andadura na Comunidade Galega. Pablo Taboada que se amosaba satisfeito por o asentamento desta compañía en Palas de Rei, resaltou que estes si son os proxectos polos que merece a pena loitar e poñer todos os alicientes para conseguir que empresas desta categoría se instalen en Galicia e sobretodo no rural galego, tan necesitado de inversións.











