Francisco Conde participa na entrega do XV Premio Emprende Coruña de AJE Coruña

Entrega do premio Emprende Coruña
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe, durante a entrada da XV edición dos premios Emprende Coruña outorgados por AJE Coruña, á nova xeración de empresarios da provincia como líderes dunha nova Galicia baseada na creatividade e a innovación. Durante a entrega dos galardóns, que se desenvolveu no salón de plenos do Concello coruñés, Conde salientou que os galardóns serven non só para constatar o esforzo emprendedor, senón que “permiten achegar á sociedade exemplos reais de cómo o sacrificio, a perseverancia, e a creatividade permiten triunfar, poñer en marcha boas ideas e cambiar o mundo que nos rodea”.
Resaltou, neste senso, que o obxectivo do emprendemento “non é só crear riqueza”, senón de “cambiar as cousas: a rúa na que colocamos o noso negocio, o sector no que entramos. De cambiar, en última instancia, o mundo”. De aí que, sinalou, tanto os candidatos como os premiados na gala se configuren como “líderes” da comunidade, un papel que a Xunta está a respaldar con normativa como a Lei do Emprendemento –que eliminou as licencias municipais de apertura e actividade con carácter xeral-, e con distintas iniciativas de apoio ao financiamento.
Ese papel de apoio institucional está a respaldar aos emprendedores coruñeses, que puxeron en marcha 1.383 novas empresas no que vai de ano na provincia, segundo adiantou Conde, que destacou que esa cifra supón que 4 de cada 10 empresas que se crean en Galicia se crean na provincia coruñesa.











