Fotos para as mil historias de Carral estará en Tabeaio
A exposición Fotos para as mil historias de Carral, que recompila un cento de imaxes antigas de Carral, estará en Tabeaio ata o 23 de novembro.
Esta mostra, emprazada na estrada N-550, fronte ao Bar Mesía, permañeceu desde xullo ata este mes de novembro, no Campo da Feira de Carral, e foi visitada por milleiros de persoas, xa que a coincidencia coas festas do Socorro posibilitou que moitos visitantes puideran ollar estas imaxes.
Esta é a segunda edición da mostra, despois de que no 2011 se presentara a primeira exposición. As fotos forman parte do Arquivo Fotográfico Municipal, que se nutre das imaxes que ceden os cidadáns para seren dixitalizadas e compartidas. Todo esta labor de recompilación e tratamento das imaxes, así como a súa difusión, corre a cargo da Concellería de Cultura do Concello de Carral.
Despois de Tabeaio, está previsto que a exposición pase polas localidades de Quembre e Cañás.











