publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Formación de estudantes de Informática en Neda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

En virtude dun convenio de colaboración suscrito entre o alcalde, Ignacio Cabezón Lorenzo, e o responsable do centro formativo Academia Postal, César Blanco, catro estudantes da acción “Operacións auxiliares de montaxe e mantenemento de sistemas microinformáticos” realizarán as súas prácticas profesionais non laborais nas dependencias municipais.

Máis concretamente, na Casa da Cultura de Neda. Deste xeito, o Concello contribúe a facilitar unha vez máis a formación de alumnos e alumnas que cursan diferentes ramas educativas –dende ciclos formativos ata formación universitaria-. Os estudantes incorporaránse o próximo mércores, 3 de decembro, ata o día 17. En total, 80 horas de prácticas con actividades vinculadas aos seus estudos e baixo a supervisión dos técnicos municipais.

28 de novembro de 2014 | 10:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.