Finalizan as obras de mellora dos accesos ao polígono de Vilar do Colo
O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, realizou unha visita de supervisión de fin de obra ao novo vial de acceso do polígono de Vilar do Colo coa estrada da Armada e Romariz. Neste punto, procedeuse á pavimentación do vial dos Casais, rúa Casal coa rotonda da Avenida de Astano e inicio da estrada VG 1-2.
Unha actuación recén rematada que mellorará notablemente as comunicacións deste parque empresarial, segundo explicou o rexidor. Na súa visita, estivo acompañado polo concelleiro de Promoción Económica, Juan José Franco, e os titulares das concellerías de Servizos, Andrés Serantes; Obras, Alejandro Dopico, e Cultura, Juana Barro. Neste contexto, o alcalde apuntou que a actuación inclúese nun proxecto conxunto co municipio de Cabanas denominado “Mellora de infraestructuras viarias de acceso ó polígono industrial de Vilar do Colo”, presentado a principios de ano á liña de subvencións da Consellería de Economía e Industria.
Así, no municipio veciño de Cabanas, co que Fene comparte a xestión do polígono, planteouse no marco do mesmo proxecto a ampliación da rede de pluviais na rúa Regueiral.
O proxecto, recibía o visto bo da Xunta, o que na práctica permitiu financiar o 95% do custe de ambas obras, que ascendeu a 178.517,25 euros (dos que 100.166,38 euros se corresponden coa actuación levada a cabo en Fene).
Deste xeito, o alcalde asegurou que, coas obras rematadas, mellórase a conectividade do polígono industrial e, por ende, a competitividade do tecido empresarial asentado. Así mesmo, valorou o apoio recibido por parte da Xunta de Galicia, concedendo unha inversión de calado no municipio.











