Finaliza o prazo de presentación do Concurso de Tarxetas de Nadal en Poio
Finalizado o prazo de presentación do Concurso de Tarxetas de Nadal, cun total de 345 postales presentadas a concurso, o vindeiro xoves 27 de novembro ás 20:15 h. celebrarase a reunión do xurado composto polos representantes das asociacións culturais de Raxó, Samieira, Vides Novas de San Salvador, Ateneo Corredoira de Combarro e Boureante, e presidido por Silvia Díaz, concelleira de cultura.
Resultará premiada unha tarxeta de cada parroquia, e unha delas será a elixida para ser a tarxeta institucional de nadal que o concello de Poio empregará este ano para felicitar as festas. Cada gañador recibirá 60€ e un agasallo conmemorativo, no acto de entrega de premios que terá lugar durante o transcurso da Festa de Reis que se celebra a tarde do 5 de Xaneiro no Pavillón de A Seca.
Nesta edición participaron 345 nenos e nenas do noso municipio, e os membros do consello municipal de cultura queren agradecer moi especialmente a colaboración da dirección e o profesorado dos centros educativos do noso municipio polo seu apoio a este certame.











