Finaliza a Aula de Emprendedores celebrada na Axencia de Colocación de Mos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+
Clausura da Aula de Emprendedores

Clausura da Aula de Emprendedores

Esta mañá celebrouse a clausura da aula de emprendedores que alberga a Axencia de Colocación de Mos. O acto tivo lugar ás 13:00 horas, no salón de actos da Axencia de Colocación de Mos (CDL) e estiveron presentes no mesmo, ademais dos docentes e alumnos da actividade, Óscar Soto, tenente alcalde e concelleiro de Formación e Emprego de Mos, Borja Núñez, vicepresidente de AJE, Asociación de Mozos Empresarios de Vigo e Pedro Álvarez, vocal de AJE, Asociación de Mozos Empresarios de Vigo.

A celebración desta Aula de Emprendedores promoveuse a través da Axencia de Colocación de Mos en colaboración coa Asociación de Mozos Empresarios de Vigo (AJE) e financiada pola Deputación de Pontevedra a través do Programa de Acción Municipal 2014.

“Esta aula ten como finalidade facilitar aos emprendedores cunha idea empresarial concreta, desenvolver e madurar esa idea, e obter ou coñecer aquelas ferramentas e recursos que lles faciliten a avaliación da idea, a súa adaptación ás necesidades reais do mercado, e o traballo en equipo”, explicaba hoxe o edil Óscar Soto, responsable da iniciativa.

A actividade ven desenvolvéndose durante as xornadas dos días 3, 10, 17 e hoxe 24 de novembro en horario de 10.00 horas a 13.00 horas. Todos os participantes da Aula de Emprendedores puideron asistir de xeito totalmente gratuíto.

Obxectivo

Estes talleres formativos dirixidos a emprendedores que están iniciando a avaliación da súa idea empresarial, ten a finalidade de aportarlles os coñecementos necesarios para a súa posta en marcha.

A metodoloxía empregada é a presentación práctica e dinámica das temáticas de cada taller. A participación dos alumnos foi moi activa e resolvéronse dúbidas imprescindibles para a posta en marcha dos proxectos e ideas empresariais de cada emprendedor. Ademáis, creóuse un ambiente de cooperación entre os emprendedores e docentes, con exposición así mesmo dalgunha idea innovadora e emprendedora dalgún emprendedor asistente.

Os contidos da aula consistiron nun taller de marketing, outro de ferramentas de viabilidade e xestión económica, outro de subvencións para emprendedores e un último taller sobre redes sociais. En total asistiron ós mesmos 30 participantes de diferentes áreas (cantería, xardinería, agro, comercio on-line, medicións electromagnéticas, limpeza, saúde e deporte, importación e distribución de productos, etc.)

24 de novembro de 2014 | 17:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.