Fin de semana de magostos en Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Varias actividades festivas relacionadas con estas datas terán lugar durante o mes de novembro en distintos espazos urbanos e organizados por distintas entidades veciñais, sempre coa colaboración municipal da concellaría que dirixe Carme da Silva. Son os magostos e seráns seguintes:

Día 8 de novembro.- Praza da Pedreira

Asociación de Xordos.

Horario: De 18,00 a 21,00 horas

Día 8 de novembro.- Praza da Curtidoira

Horario: De 18,00 a 21,00 horas

Obradoiros. Música Tradicional

Día 9 de novembro.- Praza de Europa-Monteporreiro

Horario: De 19,00 a 22,00 horas

Actuación Música Tradicional. Exhibición de Xuba

Día 21 de novembro.- Praza da Verdura 

Castañas, chocolate e a rosca, a partir das 18.00.

Haberá xogos populares tradicionais  para nenos, tales como carreira de sacos, carreiras con ovos, ximcana, caldeiro con mazás… Tamén haberá música, con agrupacións de música galega, para facer un serán ou foliada popular, no que calquera pode unirse a tocar ou bailar.

Esta actividade é organizada por Hotel Ruas, Merchi fotografía, Pintxo Viño, Os Maristas, Calzados Isidoro, El Baúl de Elsa, A Taberna do Baúl e A Tenda da Gata

Día 22 de novembro.- Pontemuiños

Horario: De 17,00 a 23,00 horas

Foliada grupos música tradicional

7 de novembro de 2014 | 19:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.