Fimo acolle “Ocasión auto” coincidindo co “III Slalom do Noroeste”
O Recinto Feiral de Ferrol ofrecerá desde este venres día 7 ata o domingo 8 de Novembro, a XX edición do Salón do Vehículo Usado, unha ocasión única para adquirir coche de ocasión ao mellor prezo e con todas as garantías de calidade. Os principais establecementos de compra-venda de vehículos de segunda man e concesionarios da comarca, tomarán parte deste salón organizado un ano máis por FIMO.
Os visitantes deste certame poderán comparar opcións e prezos nun mesmo día, con tan só percorrer os pavillóns do recinto feiral de Punta Arnela. Como en cada edición, os expositores presentarán prezos e ofertas especiais con motivo da celebración do salón.
Como actividade estrela contaremos o sábado co “III Certame do Noroeste – Slalom Fimo”, da man da Escuadra Ferrol, preténdese con iso ofrecer unha maior diversidade na oferta aos visitantes e por tanto unha maior concorrencia de público. Os pavillóns 1, 2, 3 e hall cun total de 7.000 m2, serán os que alberguen os máis de 200 vehículos de Ocasión, mentres que na chaira principal desenvolverase durante toda a xornada do sábado o Slalom-Fimo. No hall de entrada, os concesionarios exhibirán tamén os últimos modelos das marcas coas que traballan.











